Importante encontro en Pontevedra da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

13 Mai 2022

O idadismo a debate

O pasado 29 e 30 de abril tivo lugar en Pontevedra o XXXII Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Este acto reuniu a expertos de varios países co fin de poñer de manifesto a necesidade de promover os dereitos das persoas maiores e sensibilizar acerca das distintas realidades ás que se enfrontan. Tamén tivo espazo no debate a xestión emocional na atención a maiores, os coidados de longa duración, a atención primaria, as enfermidades neurodexenerativas ou a pandemia da COVID coa respectiva vacinación.

Estas xornadas tiveron lugar na nosa comunidade e non por casualidade, xa que Galicia se sitúa como unha das 10 rexións máis envellecidas dentro do continente europeo. A situación da comunidade galega supón a necesidade de poñer o foco de atención en reformas tanto a nivel social como sanitario para dar resposta a esta realidade que estamos a vivir.

AGASEDE tivo representación neste congreso a través do seu Director Carlos Dosil Díaz, entre outros.

Para máis información consulta a páxina web do Congreso en este enlace.

Abril 2024
M T W T F S S
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930