Rexeitamento ás novas propostas do goberno central sobre centros de maiores

26 Mai 2022

A través da comisión interterritorial, AGASEDE mostrou o seu desacordo co borrador dun novo modelo de centros residenciais por atentar directamente contra o acceso ó coidado por parte das persoas maiores. Esta proposta tamén prexudica directamente a nosa comunidade por limitar o número de prazas nas zonas rurais fronte ás grandes urbes, dificultando a dinamización e dotación se servizos no rural galego.

Dende a Xunta definiron a proposta como “irrealizable” e argumentaron que levaría a unha subida dos custos das prazas e a unha destrución das mesmas.