Agasede
Que é AGASEDE?
Asociación Galega do Sector da Dependencia
AGASEDE é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 2020, en plena crisis do Coronavirus e que pretende englobar a case totalidade do sector privado que opera na Comunidade Autónoma de Galicia.
AGASEDE constitúese como patronal e está formada por empresas inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, das catro provincias galegas, que se adican o sector de atención a dependencia (maiores, saúde e mental, persoas con discapacidade …), prestando servizos como axuda no fogar, atención residencial ou centros de día entre outros.
Misión
dende AGASEDE propoñémonos…
AGASEDE é a asociación empresarial representante do sector sociosanitario da Comunidade Autónoma de Galicia.
AGASEDE nace como unha necesidade, para dar resposta os intereses do sector e ante a falta dun interlocutor valido ante as institucións. Por iso o seu obxectivo principal é levar a cabo actuacións como interlocutor cualificado ante outros axentes, na defensa dos intereses comúns. Sen que iso supoña deixar de lado, a busqueda da mellora da calidade asistencial e a prestación de servizos de valor engadido os seus asociados.
Obxectivos
AGASEDE ten como principais obxectivos
1º) A defensa, promoción e representación dos intereses económicos-sociais e empresariais das entidades sociais e dos traballadores ante as administracións públicas, axentes sociais, institucións e organizacións públicas e privadas.
2º) A defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lle son propios, sendo os medios típicos de acción a negociación colectiva laboral, o plantexamento de conflitos colectivos de traballo, o diálogo social e a participación institucional nos organismos públicos das administracións Laborais.
3º) Promover, apoiar, fomentar e potenciar a coordinación entre as empresas asociadas e coa administración.
4º) Promover, apoiar, fomentar e potenciar a coordinación e asociación con outras asociacións do Estado.
5º) A defensa dos intereses colectivos das entidades asociadas, así como a promoción y realización de toda clase de servizos e actividades conexas que sirvan para este obxectivo.
6º) Fomentar e dar soporte os esforzos das institucións oficiais e entidades, para crear un clima de opinión pública favorable a importante labor que desenrolan as empresas socias, mellorando a percepción que de estes servizos se ten.
7º) Interlocución coas administracións responsables dos programas de colaboración pública-privada, coa Xunta de Galicia, en relación co obxecto e os fins da asociación. Participación activa no proceso de elaboración de normas que afecten o sector.
8º) Relación con tódolos axentes que interveñen no proceso de regulación de la Dependencia.
9º) Asesoramento e apoio xurídico as empresas asociadas fronte a las actuacións sancionadoras realizadas polas Administracións competentes.
10º) Promoción e xestión de formación especializada.
Visión
queremos ser para os nosos asociados:
O interlocutor de referencia co resto de axentes do sector.
Representante principal das empresas do noso sector.
Prestada de servicios excelentes.
Valores
Rexímonos polos principios de:
Compromiso: Asumimos a tarefa encomendada con profesionalidade, responsabilidade e con.
Transparencia: Actuamos con claridade, informando de todas as nosas actuacións e facendo participes os socios das decisións.
Orientación ó cliente: Nacemos do mundo empresarial e coa profunda vocación de dar servicio os nosos asociados.