Historia

A Patronal nace en plena crise do Coronavirus, ante a falta de representación no sector, nun momento no que se criminalizou as empresas que se adican a atención as persoas dependentes.

Ante a falta de coordinación por parte das administracións e as decisións tomadas de costas ó sector. As empresas do sector empezaron a facer contactos entre elas para intentar axudarse e intercambiar información, nun momento no que o marco xurídico cambiaba en cuestión de horas.

Pronto empezou a quedar patente que as decisión, protocolos e directrices dadas polas administracións públicas, non tiñas en conta o punto de vista das entidades prestadoras de servizos.  Vendo así a necesidade de facer chegar a nosa voz e participar nos procesos de toma decisións.

Avecíñanse cambios lexislativos de calado dentro do sector e debemos ser actores principais deses cambios.