Hoxe, desde a Asociación Galega do Sector da Dependencia (AGASEDE), queremos poñer en valor o papel fundamental que teñen os centros, residencias e vivendas comunitarias no coidado da saúde das persoas en situación de dependencia.
A saúde é un dereito, e o noso compromiso diario é garantir unha atención digna, profesional e centrada nas persoas. No Día Mundial da Saúde, reafirmamos o noso labor como parte esencial do sistema sociosanitario galego.
#DíaMundialDaSaúde #Dependencia #CoidadosConCompromiso #AGASEDE