Con motivo do Día do Traballador, AGASEDE quere poñer en valor o labor fundamental que desenvolven as persoas profesionais do sector da atención á dependencia en Galicia.
Trátase dun ámbito clave dentro dos servizos sociais, no que se presta atención a persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas con necesidades de apoio, a través de servizos como a axuda no fogar, a atención residencial ou os centros de día.
O traballo diario destas profesionais e profesionais non só garante a cobertura de necesidades básicas, senón que contribúe de maneira decisiva á mellora da calidade de vida das persoas usuarias e das súas familias.
Desde AGASEDE queremos recoñecer o seu compromiso, vocación e responsabilidade, ao tempo que reafirmamos a necesidade de seguir avanzando cara a un maior recoñecemento social do sector, así como na mellora das condicións laborais e na sustentabilidade dos servizos.
Neste Día do Traballador, poñemos en valor un sector imprescindible para a nosa sociedade e para o futuro do benestar social en Galicia.
