Cada 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, unha data para recoñecer o papel fundamental das mulleres en todos os ámbitos da sociedade. No caso do sector da dependencia e dos coidados, a súa presenza é especialmente destacada.
Na actualidade, o 83 % das persoas coidadoras no sector da dependencia son mulleres, o que pon de manifesto o seu papel esencial na atención ás persoas maiores e dependentes.
As profesionais deste ámbito desenvolven un traballo imprescindible para garantir a calidade de vida, o benestar e a dignidade das persoas que precisan apoio no seu día a día.
Desde AGASEDE queremos aproveitar esta data para recoñecer e visibilizar o traballo de todas as mulleres que forman parte do sector da dependencia.
Porque coidar tamén é construír sociedade.
