Actualización das Prestacións Económicas

12 Dec 2023

Un dos principais retos da política social dos países desenvolvidos é a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia. Para isto, existe o Decreto que regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema de autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Nos últimos anos, produciuse unha crecente subida dos costes asociados a esta prestación como consecuencia do aumento dos costes salariais, polo que se modifica a protección adicional da Comunidade Autónoma de Galicia, de maneira que, a libranza chegue aos 1.865 € ao mes e a 2.085 € nos casos de especial dedicación, empezando a aplicar os seus efectos a partir do 1 de Xaneiro.

Ademais, a realidade mostra a necesidade de que a Comunidade Autónoma complemente os importes fixados polo Estado para poder garantir un coidado digno das persoas dependentes, e resulta especialmente necesario complementar as libranzas ou prestacións económicas para coidados no entorno familiar ata os 5.000 € anuais para todas as persoas dependentes que cobren menos do máximo establecido polo Estado, e para o grado III, cuxa contía a percibir sexa a máxima establecida polo Real decreto 675/2023.

Así, complementaranse con 1.200 € anuais os importes fixados polo Estado para as prestacións vinculadas á adquisición do servicio de atención residencial, sendo conscientes do importante esforzo económico que realizan as familias para poder pagar este servicio, é dicir, que unha vez determinada a contía da libranza ou prestación económica vinculada ao servizo de atención residencial establecidos polo SAAD, e tendo en conta que este cálculo non supere a contía máxima establecida, a libranza ou prestación económica vinculada ao servicio de atención residencial terá un nivel de protección adicional de 100 € mensuais.

Para máis información, consúltese o Diario Oficial de Galicia: