O encontro que tivo lugar no edificio da Xunta de Galicia en San Caetano, o pasado Luns 26 de Outubro as 16:00. A el acudiron por parte da consellería: Dona Fabiola García Martínez – Conselleira de Política Social, Don Fernando González Abeijón – Director xeral de Maiores e persoas con Discapacidade e Don Antonio Acevedo Prado – Director Xeral de Atención Integral Sociosanitaria.
O encontro serviu para poñer en común os problemas xurdidos durante a pandemia na xestión sociosanitaria e poñer en valor o esforzo realizado tanto polo administración como polo sector privado.
Durante o encontro tamén se analizou a situación actual do sector e os difíciles meses que nos quedan por diante. Neste senso administración comprometeuse a apoiar os centros na xestión e que saiban que non van a estar solos ante o perigo.
Por outra banda AGASEDE agradeceu a medida do CLONEGAL como vía alternativa de suministro de EPIs os centros. Se ben incidiu na necesidades de que se de acceso a material de illamento e que en ningún caso se debera facturar os centros ese material.
A Consellería comprometeuse en contar con AGASEDE na elaboración do novos modelo de atención residencial e cambios normativos que afecten o sector. Así como, ter en consideración todas aquelas recomendacións ou propostas de mellora que dende AGASEDE se podan facer os protocolos da Xunta.
Ambas parte saíron satisfeitas do encontro que servirá como punto de partida para unha relación máis fluida entre patronal e Consellería.