Dende que se constituiu AGASEDE, un dos principais obxectivos como asociación era poder estar nas negociacións de convenio, para poder trasladar todas as peticións dos nosos asociados e defender os seus dereitos. Polo tanto, conprácenos informalos de que o pasado 12 de Xaneiro a Confederación Intersindical Galega denunciou o V Convenio colectivo do sector de residencias privadas de persoas de idade de Galicia e o 11 de abril constituiuse definitivamente a mesa de negociación do novo convenio, da cal AGASEDE forma parte, como patronal.
Dentro dos temas que está previsto que se aborden na mesa de negociación atópanse:
- O Salario Mínimo Interprofesional.
- A Reducción das horas de traballo semanais.
- Entre outros.
Non obstante, iremos informando de todo o que ocorra según se vaian dando pasos cara a diante.