AGASEDE levará a cabo unha formación sobre aspectos xurídicos no eido das persoas maiores

4 Xuñ 2022

É necesario garantir os dereitos das persoas maiores.

Neste contexto cambiante próximo á aprobación da nova lei, faise necesario abordar os aspectos xurídicos no ámbito das persoas maiores en situación de dependencia, co fin de asegurar o mantemento dos dereitos destas.

O curso terá lugar a remates do verán e terán cabida profesionais de primeiro nivel.