O noso presidente Óscar Neira Fernández estivo esta semana no Congreso de Seguridade Industrial de Galicia organizado polo ICOIIG-COLEGIO OFICIAL DE INGENIEROS INDUSTRIALES DE GALICIA celebrado en Ferrol.
Participando nunha mesa onde se analizou a seguridade no sector público, da Saúde e Sociosanitario, que estivo moderada por Lourdes Fernández da Xunta de Galicia, contando con Rocío Mosquera Alvarez xerente de Galaria EPSS, SA, e Xosé López Seoane de APYDE – ASOCIACION DE PRODUCTORES Y DISTRIBUIDORES DE ENERGIA DE GALICIA –
O encontro servíu para poñer en valor a importancia da seguridade nas instalacións nas que se desarrolla o traballo do noso sector.
Repasando os equipamentos existentes nos centros residenciais como xeneradores, liñas de vida, paneis fotovoltáicos, centros de transformación, instalacións de baixa tensión, ACS(requisitos de lexionela), Sistemas de Protección contra incendios, ascensores, climatización, instalacións de gas, equipos de presión. Sinalando as dificultades as que nos enfrentamos na xestión e instalacións e facendo enfasís nas areas críticas sobre as que se debe facer enfasís no deseño desde tipos de instalacións.
Falouse tamén da creación de guias para facilitar o coñecemento dos requisitos normativos en materia de seguridade industrial das instalacións. Algo que sen dubida será unha gran noticia para o sector.
