AGASEDE reclama reactivar as prácticas nos centros residenciais

19 Feb 2021

Os representantes da asociación, transmitiron que un ano máis sen persoal en prácticas, sería catastrófico para o sector. A Reclamación produciuse no marco dun encontro virtual que tivo lugar o 19 de Febreiro con Don Antón Acevedo Prado – Director Xeral de Atención Integral Sociosanitaria e Don Javier Ventosa Rial – Subdirector Xeral de Planificación, Sistemas da Información, Calidade, Humanización e Innovación. Neste encontro, que versou en gran medida sobre a vacinación e os seus efectos. Tamén se falou da boa evolución epidemiolóxica na Comunidade Autónoma.

Dende AGASEDE felicitaron o executivo pola rápida vacinación en residencias, se ven insistiron na necesidade de crear una sistema para vacinar a novos residentes e traballadores para así garantir a seguridade dos centros mentres non se terminan a vacinación por franxas de idade.

Sobre a eliminación das restricións falouse das medidas anunciadas o luns polo Presidente da Xunta, trala Reunión do Comité Clínico. Especialmente das medidas adoptadas en relación as visitas dos familiares, que pasan a ser tres a semana con dous familiares de referencia.

Sobre as visitas tamén se falou da experiencia piloto que esta a levar acabo nun centro de Ribadumia e sobre as posibilidades que podería abrir unha baixada da incidencia. Neste senso ambas partes, son conscientes da necesidade de ir desescalando conforme os datos epidemiolóxicos melloren.

Por iso, AGASEDE manifestou que nos próximos días, fará chegar unha proposta de medidas de desescala, para a súa valoración por parte da Consellería.