As tres patronais presentan un manifesto conxunto

15 Xuñ 2022

ACOLLE, AGARTE e AGASEDE presentan un manifesto ante a Consellería de Política Social

As tres patronais galegas de servizos ás persoas maiores (ACOLLE, AGARTE e AGASEDE) solicitan unha audiencia coa Consellería de Política Social para debater sobre os cambios propostos en materia de prazas concertadas, servizo de enfermaría, a inspección de servizos sociais ou os problemas de xestión das farmacias hospitalarias con relación a estes centros.