Previsión da Xunta de completar a Axenda antes do verán
Ponse hoxe remate ós encontros que permiten dar un paso máis na elaboración da Axenda Galega de Capacidades para o Emprego. Nestas mesas participaron axentes sociais e representantes dos diferentes sectores.
A Xunta califica este proxecto como un paso importante que situará a Galicia na vangarda europea da formación para o emprego.
AGASEDE estivo presente nestas xornadas na mesa Silver Economy. A economía prateada é un termo que inclúe todas aquelas actividades económicas, produtos e servizos destinados a satisfacer as necesidades das persoas maiores.