AGASEDE asistiu ao I Foro de Accesibilidade de Santiago de Compostela onde se definiron termos como “Accesibilidade Universal”, manifestando que o termo ten que facer referencia á Accesibilidade Física, Cognitiva e Sensorial, afastándonos da idea de que a “Accesibilidade” só é necesaria para as persoas con “Discapacidades”, pois o proxecto fai referencia a mellorar das vías e os espazos públicos (beirarrúas, obstáculos, pasos peonís, ramplas, escaleiras, etc.); Edificios Públicos Municipais (accesos, aseos, sinalizacións, etc.); Infraestrutura do transporte (prazas PMR, paradas e información) e Comunicación e servizos (campañas, xestións, redes sociais e atención ao público).