Dende AGASEDE, pola información que nos facilitan os asociados, apreciamos un incremento das Inspeccións de Traballo en materia de PRL. O que nos fai pensar que pode haber unha campaña en materia de PRL en centros Residenciais.
E por elo que consideramos que as empresas deberían revisar o seu nivel de cumprimiento coa Prevención de Riscos, coa finalidade de evitar sancións, riscos e responsabilidades que se puideran derivar.
Recomendamos revisar as obrigas (Especial atención os traballadores temporais ou que leven menos tempo na empresa):
- Estar o corrente de pagos da actividade de Prevención de Riscos e Vixilancia da Saúde.
- Tod@s @s traballador@s deben contar con recoñemento médico APTO ou ben renuncia a realizar o recoñecemento médico. Dende o mesmo momento en que empecen a traballar.
- Tod@s @s traballador@s deben contar con formación en materia de PRL adaptado ó seu posto de traballo. Dende o mesmo momento en que empecen a traballar.
- Tod@s @s traballador@s deben contar co documento de entrega de EPIs e ditos EPIs deben estar adaptados as súas funcións e categorías. Dende o mesmo momento en que empecen a traballar.
- A empresa debe contar cun Plan de Prevención, unha avaliación de riscos e unha programación preventiva.
- A programación preventiva debe conter accións e prazos para levalas acabo. É responsabilidade do autónomo ou Empresa levar acabo a programación preventiva. Este é un aspecto que as veces por descoñecemento non se leva o día.
Resulta recomendable para afondar na Evaluación de Riscos, a lo menos dos riscos que teñan máis incidencia na nosa actividade, coma:
- Realización de Estudos Psicosociais
- Realización de Estudos Ergonómicos
- Estudo de calquer outro risco que se considere de impacto.
Esta nota ten carácter xeral e informativo, recomendámoslle que se poña en contacto co seu Servizo de Prevención Alleo para revisar o seu nivel de cumprimento en materia de PRL. Se está a procura de proveedor nesta materia recordamoslle a IBERSYS, que como sabedes é patrocinador da asociación.