Formación
Durante os meses de setembro, outubro e novembro de 2024, AGASEDE, en colaboración con BIG TEAM, organizou accións formativas dirixidas aos traballadores das entidades asociadas. Estas formacións estiveron centradas na especialización en ACP (Atención Centrada na Persoa), suxeicións, e na saúde e benestar dos profesionais sanitarios. A formación continua é fundamental no sector asistencial, onde o coidado das persoas require unha actualización constante de coñecementos e habilidades.
Reunión institucional
O 18 de decembro de 2024, AGASEDE solicitou unha reunión urxente coa Secretaría Xeral Técnica de Política Social e Igualdade, Dª Mercedes Cardelle Espasandín, co obxectivo de aclarar aos asociados os cambios normativos derivados da nova ORDE do 4 de decembro de 2024, que modifica a de 18 de abril de 1996, desenvolvemento do Decreto 243/1995. Nesta xuntanza, plantexáronse cuestións relevantes sobre os requisitos específicos dos centros de atención a maiores.
Posta en valor
Ao longo do ano, AGASEDE participou en diversas actividades institucionais e mediáticas que incrementaron a súa visibilidade e relevancia no sector. En decembro de 2024, o presidente e vicepresidente da asociación publicaron un artigo de opinión sobre a evolución do modelo de atención a persoas dependentes, destacando o cambio de paradigma na atención ás persoas maiores.
Accede ao artigo completo aquí: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2024/12/07/evolucion-modelo-atencion-dependientes/00031733591192500214971.htm
Formación:Xornadas marzo 2025
O 21 de marzo de 2025 celebrouse en Santiago de Compostela a xornada “A importancia do profesional nos novos modelos de atención”, na Cidade da Cultura. O evento contou coa asistencia de 200 persoas, superando os obxectivos marcados no ano anterior. Esta cita consolidouse como un evento de referencia para o sector.
Formación: presentación da xornada
A xornada foi presentada, un ano máis, por Antón Acevedo. A Conselleira de Política Social, Dª Fabiola García, lamentablemente non puido asistir á convocatoria.
Formación: charla inaugural
David Cabrero del Amo, Terapeuta Ocupacional e Director da Fundación San Jerónimo, foi o encargado de inaugurar a xornada coa conferencia titulada: “O liderado e a xestión de equipos no sector sociosanitario”.
Formación: primeira mesa de debate “Tecnoloxía e apoio ao profesional”
Posteriormente contamos coa 1º Mesa de Debate: O impacto da tecnoloxía como apoio ao profesional, onde estiveron presentes:
– Carlos Fernández Isorid: Founding Partner en GOGOA Mobility Robots
– Sebastián Pantoja: Diretco de Programas estratégicos de Televés- Pablo Campo Prieto: PhD Fisioterapeuta e profesor da UVIGO, profesional en realidade virtual inmersiva.
– Pablo Viñas Noseda: Director da Área de Benestar e saúde de CARTIF.
Esta mesa tivo como moderadora a Carmen López Pérez, responsable da área I+D+i da empresa Balidea.
´Neste foro abriuse debate sobre como a tecnoloxía, pode considerarse un apoio para os profesionais sin sustituílos.
Formación: segunda mesa de debate “ O profesional nos novos modelos de atención”
Despois do descanso conformouse a 2ª Mesa de Debate: A figura do profesional nos novos modelos de atención nela contouse con:
-Lucia Saborido Piñeiro: CEO de saraiva
– Lourdes Bermejo García: Educadora Social, consultora e formadora en Xerontoloxía.
– David Cabrero del Amo: Terapeuta Ocupacional e Director da Fundación San Jerónimo.
– Carol Mitjana Isarn : CO-funder e CEO de Gran3dad
Esta mesa tivo como moderador a Constantino Piñero Cajete, director da Residencia de mayores Torrente Ballester na Coruña.
Formación: relatorio de clausura
A encargada do relatorio de clausura foi Lourdes Bermejo García, quen afondou nas reflexións e recomendacións dirixidas aos profesionais implicados nos coidados e apoios ás persoas maiores.
Formación para asociados
Organizouse un evento privado exclusivo para asociados centrado na prevención de riscos laborais, xestión de baixas e contratación de persoal sanitario. Esta última parte foi impartida por YOCUIDO, en colaboración con Orixe.
Asociados
No período comprendido entre o 2023 e o inicio deste 2024 tivemos a sorte de recibir a estes 7 asociados, que xa forman parte desta asociación, que como vedes son:
– Raiola Sapm, S. L.
– Coviastec Milladoiro
– Begón Alvi Beade
– Residencia Palas de Rei
– Centro Residencial Sua Casa
– Aluarada Servizos Xeriátricos S.L.
– Troncoso servizos sociosanitarios
Agasede está conformada Por un total de 46 asociados tras estas novas incorporacións.
Asociados
De maneira que, pasamos de ter 36 asociados no 2022 a 46 no 2025 así como, que esperamos que no que queda de ano facendo unha captación máis activa de asociados cheguemos aos 50 antes de rematar o ano.
Patrocinadores
Este ano conseguimos 3 Patrocinadores máis, onde se atopan EDP e Darlim, como patrocinadores Premium e UNIDIX (SOCIOSANI INICIATIVAS SOCIOSANITARIAS SLU) como Patrocinador Estándar, Así mesmo, EMASA (Exclusivas de Material Sanitario, S.l.) pasou de ser patrocinador premium a un patrocinio estándar.
Aproveitamos esta ocasión para que coñezades un pouco máis a que se dedica cada un deles xa que, EDP é unha empresa de servizos globais integrada verticalmente, con máis de 100 anos de historia en España, Líderes na creación de valor, innovación e sostibilidade, que ademais conta co recoñecemento de “empresa eléctrica máis sostible do mundo” polo Índice Dow Jones de Sostibilidade. Estes encarganse da xeración, distribución e comercialización de enerxía eléctrica, gas e servizos. Tendo en conta que, máis do 75% da enerxía que producen procede de fontes renovables, como a enerxía eólica e a hidráulica.
Por outro lado, Darlim é unha empresa de referencia en solucións globais e personalizadas orientadas a satisfacer as necesidades específicas dos seus clientes en limpeza e hixiene, de maneira que, contan con 40 anos dedicados á distribución de productos e maquinaria de limpeza profesional. Ademáis, é unha empresa que conta con diferentes Productos: Maquinaria, Químicos de Limpeza, Celulosa e Dispensadores, Productos dun só uso, Carros e Equipamento, así como, Útiles e Textíles. Próximamente faremosvos chegar o seu catálogo de productos, para que poidades ver todo o que teñen e si vos encaixa algo do que ofertan.
Por último, Grupo Unidix é un grupo empresarial español fundado en 1992, especializado na distribución de material médico e clínico, cun enfoque particular en produtos funxibles. Con sede en Madrid, o grupo expandiu a súa presenza a nivel nacional, ofrecendo solucións integrais tanto a centros públicos como privados.
Patrocinadores
Polo tanto, Agora mesmo AGASEDE conta con 4 Patrocinadores Premium e 3 Estándar, ainda así, animámosvos a que se algunha empresa vos ofrece rebaixas ou promocións, lles faledes da asociación ou lles deixedes o número de teléfono de AGASEDE, para que Lara lles poida presentar información e poidan falar con nós como posibles patrocinadores, pois entre todos faremos que AGASEDE siga medrando.
