Formación, Coordinación e Desenvolvemento Profesional
- AGASEDE mantivo unha firme aposta pola formación continua (2025–2026) para mellorar a calidade asistencial e reforzar o traballo entre centros.
- Celebración da Reunión de Directores e Responsables para aliñar estratexias, compartir boas prácticas e definir obxectivos comúns.
- Formación especializada en Xestión de Brotes de Gastroenterite para mellorar a resposta ante situacións críticas.
- Participación en Transforma HR para incorporar innovación en RRHH, IA, benestar laboral e xestión do absentismo.
Coordinación Institucional ante Situaciones de Emergencia
- AGASEDE desempeñou un papel clave na coordinación e apoio ao sector residencial durante situacións críticas en 2025.
- Colaboración activa coa Xunta de Galicia e administracións locais durante o apagamento que afectou a diversos territorios.
- Comunicación permanente con organismos públicos e centros asociados para detectar necesidades urxentes e garantir a continuidade asistencial.
- Esta actuación reforzou a importancia da coordinación institucional para protexer a seguridade e o benestar das persoas usuarias.
Posta en valor
- AGASEDE continuou reforzando a súa presenza pública e institucional mediante accións de comunicación e posicionamento sectorial.
- Difusión dunha nota de prensa valorando positivamente as medidas da Xunta de Galicia sobre a xestión das baixas laborais.
- A asociación puxo o foco no impacto do absentismo laboral nos servizos de atención á dependencia.
- Reclamouse unha resposta coordinada para garantir a sustentabilidade dos servizos e a calidade asistencial.
Xornadas AGASEDE 2026
- As Xornadas AGASEDE 2026 celebraranse o 18 de setembro.
- O evento reunirá representantes institucionais, profesionais e expertos do sector.
- A xornada promoverá debate, actualización de coñecementos e intercambio de experiencias.
- A reorganización interna de 2026 impulsou unha nova etapa na proxección e consolidación do evento.
Asociados
En 2025–2026 incorporáronse 3 novas entidades asociadas:
- CABASENIOR S.L.
- SIAD24 Galicia S.L.
- Residencial Larisa S.L.
Estas adhesións reforzan a representatividade e capacidade de interlocución da asociación.
AGASEDE alcanza un total de 49 entidades asociadas. Continúa o compromiso por seguir ampliando a base asociativa.
Patrocinadores
Incorporación de 2 novos patrocinadores Premium: ISECO e Landín Informática.
Ambas entidades achegan experiencia en innovación e transformación dixital.
- ISECO impulsa a dixitalización asistencial e a Atención Centrada na Persoa (ACP).
- Landín reforza a modernización mediante software, telecomunicacións e soporte técnico.
Resumo
- 49 asociados
- 3 novas incorporacións
- 2 patrocinadores premium
- 1 gran evento sectorial 2026
