MODIFICACIÓN DA NORMATIVA.

9 Xan 2025

O pasado venres 13 de publicábase no DOG A ORDE de 4 decembro de 2024 pola que se modifica a Orde do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas, que entrará en vigor o próximo 4 de xaneiro. O Decreto modificado establece novas normas para os centros de atención a persoas maiores en Galicia. A principal modificación céntrase na proporción de persoal de enfermería necesario para asegurar unha adecuada atención nas residencias, en función do grao de dependencia dos residentes. Os puntos máis importantes son:
1. Cociente de persoal: Determínase a cantidade mínima de persoal necesario para cada tipo de usuario:
• Para persoas con autonomía: 0,20 empregados por usuario.
• Para persoas dependentes: 0,35 empregados por usuario.
2. Atención de saúde: Ademais de médicos, as residencias deben contar con enfermeiros/as nas seguintes proporcións:
• 0,02 enfermeiros por usuario sen dependencia ou con dependencia leve (grao I).
• 0,03 enfermeiros por usuario con dependencia moderada ou grave (graos II ou III).
3. Asistencia sanitaria: As residencias deben garantir unha atención sanitaria integral, xa sexa a través de persoal propio ou concertado.
Accede á publicación no DOG a través do seguinte enlace: