AGASEDE estivo presente o pasado 2 de Outubro nas II Xornadas Sociosanitarias ás persoas moaiores no Concello de Lugo. As Xornadas, cuya primeira edicción se celebrara xusto antes da pandemia, reanudouse como coronavirus moi presente na sua temática. Pola súas mesas de traballo pasaron representantes do mundo asociativo galego como AFALU, ADACE, ALUCEM, A Cruz Vermella, FADEMGA-FEAPS e ACDgal entre outros. Tamén contou con representantes do mundo académico, sociedades cientificas como a SEG ou a SGXX e un importante número de profesionáis do SERGAS.
Don Carlos Dosil Díaz, Presidente de AGASEDE participou na mesa As profesións fronte a nova realidade da Covid-19 na que compartiu espazo con Alejandro María Sánchez Pérez-Mel presidente do Colexio Oficial de Farmaceuticos de Lugo, Lourdes Bermello López presidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, Arturo Xosé Pereiro Rozas membro do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Gustavo Paseiro Ares presidente do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia e Sagrario Fernández Méndez representante do Colexio de Traballo Social de Galicia.
Na súa intervención o Presidente de AGASEDE explicou a labor da asociación durante a pandemia do Covid-19, a importancia de mellorar a coordinación sociosanitaria e recalcóu a importante labor dos profesionais do sector durante toda a pandemia. Sendo conscientes da necesidade dun cambio no modelo de atención, que nos demanda a sociedade.
Esperemos que estas xornadas poidan continuar en consecutivas ediccións, xa sin as restriccións de aforo derivadas da pandemia.