Proxecto de Orde

24 Xuñ 2024

A Xunta de Galicia publicou no seu portal de transparencias o Proxecto de orde polo que se modifica a Orde do 18 de abril de 1996 pola que se regulan as condicións e requisitos específicos que deben cumplir os centros de atención a persoas maiores, polo tanto, se sae aprovada esta orde, toda residencia deberá ter:

Unha ratio mínima de persoal de atención directa en réxime de xornada completa de 0,20 por usuario en módulos destinados á atención de persoas con autonomía e de 0,35 en módulos destinados a persoas dependentes. Para estos efectos entenderase por atención directa a realizada tanto por persoal xerocultor cómo sanitario. A vixilancia e o coidado da saude das persoas residentes deberá estar garantido por persoal cualificado para esta función. Ademais da presencia localizada de persoal médico, deberán contar con ATS ou DUE na seguinte proporción:

  • Ratio de 0,02 por persoa usuaria non dependente ou en situación de dependencia de grao I.
  • Ratio de 0,03 por persoa usuaria en situación de dependencia de grao II ou III.

No caso de non ter recoñecida a dependencia, considerarase unha persoa dependente (graos II ou III) aquela cunha valoración Barthel igual ou inferior a 50.
Sen prexuizo do anterior deberaselle prestar unha asistencia sanitaria integral a todos os residentes, a través das prestacións de servizos profesionais propios ou concertados”.

Para máis información, consultese o Documento Completo do Proxecto da Orde e o Documento Completo da Orde de 1996.

 

Outubro 2024
M T W T F S S
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031