Que pasa o 1 de Decembro?

30 Nov 2023

Dende AGASEDE informamos a todos os Asociados que a partir do 1 de Decembro:

Se a túa empresa ten máis de 50 traballadores tes a obriga de implantar un Canal de Denuncias Interno, é dicir, unha ferramenta que permite ao informante alertar sobre accións ou omisións que poidan ser constitutivas de infracción penal ou administrativa grave ou moi grave, de modo seguro, confidencial e anónimo. De maneira que, este canal deberá cumprir certos requisitos:

    • Permitir as comunicacións escritas ou verbais.
    • Garantir a confidencialidade do informante, pero posibilitando as comunicacións co mesmo.
    • Emitir un acuse de recibo ao denunciante, nun prazo inferior a 7 días.
    • Estar xestionado por un empregado que ocupe un posto de dirección e opere de forma autónoma e independente do órgano de goberno da empresa.
    • Contarase cun Libro-rexistro das informacións recibidas.
    • Debe poñerse en coñecemento dos traballadores, cun formato sinxelo e accesible para todos eles.

Á súa vez, a empresa debe crear e aprobar un procedemento de xestión de informacións, onde queden recollidos os principios que rexen o sistema interno e todas as garantías e obrigas que nacen o mesmo, tales como a protección do denunciante, a garantía da protección do principio de presunción de inocencia do acusado e o rexistro e a conservación de todas as actuacións derivadas da comunicación.

Para insto non é suficiente crear unha conta de correo, nin colocar un lugar físico de almacenamento de dita información, polo tanto, o mellor é contratar unha empresa especializada na temática específica, posto que, non telo se considera una infracción grave e está sancionada con multas de entre 600.001 € ata 1.000.000 €.

Outubro 2024
M T W T F S S
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031