Senior Innovation Lab

20 Nov 2023

AGASEDE formou parte do Senior Innovation Lab, un espazo interxeracional de coñecemento compartido onde se traballou coa creatividade e a innovación para aplicar as novas tecnoloxías ao envellecemento activo das persoas. Neste Hackaton puidemos escoitar a Elías González Estrada psicólogo de SARAIVA no Milladoiro e a Pilar Suárez López directora de I+D+I de Idea; dous profesionais que desenvolven unha abordaxe innovadora no seu día a día coas persoas maiores.