Táboas Salariais

5 Ago 2024

Hoxe 5 de Agosto, saiu publicado no DOG a Resolución do 9 de Xullo, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, sobre as táboas salariais do 2024, de maneira que, despois da reunión da Comisión Paritaria do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia, o debate e a análise de dita cuestión polas representacións integrantes desta comisión, procedeuse a reflectir na acta o seguinte:

  • 1º. Acordase por unanimidade, proceder á actualización das táboas salariais do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia.
  • 2º. Debido á constitución da mesa de negociación do VI Convenio colectivo, o 11 de abril, as empresas, cando apliquen estas táboas, farano en concepto “a conta de convenio”, en prol do que resulte de dita negociación.
  • 3º. En ningún caso as persoas traballadoras afectadas polo presente convenio percibirán en cómputo anual unha contía inferior ao SMI establecida para o ano 2024. Deste xeito, se o computo anual percibido está por debaixo do SMI, a empresa aboará a diferenza nun complemento ata alcanzar a dita contía.

 

Para máis información, consúltese o Diario Oficial de Galicia.