Formación

V Xornadas AGASEDE 2026: xa están abertas as inscricións

O vindeiro 18 de setembro de 2026, AGASEDE celebrará as V Xornadas AGASEDE, un encontro de referencia para o sector sociosanitario galego que terá lugar no Salón de Convencións do Edificio CINC, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Baixo o lema “Modelos de atención, xestión, innovación e humanización”, esta quinta edición reunirá a profesionais, entidades e persoas comprometidas co presente e o futuro da atención á dependencia, nunha xornada de reflexión, intercambio de experiencias e posta en común dos principais retos e oportunidades do sector.

Ao longo da xornada abordaranse cuestións clave relacionadas cos novos modelos de atención, a xestión dos centros e servizos, a innovación e a humanización dos coidados, contando coa participación de profesionais e persoas expertas de recoñecido prestixio.

As inscricións xa están abertas.

Podes reservar a túa praza a través do seguinte formulario:

👉 Formulario de inscrición:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdf3T-2GjLn-T2I3EAUA4MhLGJW_IRvNg6LppWd79zZA17r8w/viewform?usp=publish-editor

Agardámoste o vindeiro 18 de setembro para compartir unha xornada de coñecemento, debate e colaboración arredor do presente e do futuro do sector sociosanitario en Galicia.