RESICOVID – Un análise lonxitudinal dos cambios cognitivos, afectivos e funcionais asociados á condición de confinamento

Asociación Galega do Sector da Dependencia (AGASEDE) nace con forte compromiso pola mellora da calidade asistencial na atención a dependencia e con vocación de colaboración no ámbito científico dentro e fora da universidade. Debido o número de centro que na asociación se agrupan, supón unha mostra a nivel galego de gran relevancia estatística.

Dentro deste marco e para poñer en valor o traballo que están a desenrolar as entidades do sector crease un Área de Investigación e Formación onde de forma conxunta a xestión do coñecemento en temas que afectan o sector á dependencia. AGASEDE levará a cabo distintos convenios de colaboración con diferentes organismos públicos e privados co fin de degrañar a problemática actual e futura. O primeiro /un destes convenios é un convenio marco que se está a tramitar coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). Así mesmo, estase a colaborar con Grupo de Investigación / Unidade de Psicoxerontoloxía / nunha investigación sobre os efectos do confinamento en residencias durante a primeira onda da crise do COVID-19.  

Como é coñecido, para conter a expansión da pandemia, e dada a inexistencia de tratamentos eficaces, as medidas adoptadas nos centros residenciais durante o Estado de Alarma foron basicamente as mesmas que as adoitadas para o resto da poboación, a través do confinamento e da redución do contacto interpersoal. As peculiaridades do coidado nos contextos residencias determinaron que moitas das persoas maiores que viven en residencias sufriran restricións especialmente elevadas do movemento e as súas rutinas terapéuticas foran modificadas e, en moitas ocasións, interrompidas.  

O obxectivo da investigación dirixida polos profesores Arturo Xosé Pereiro e David Facal, da Facultade de Psicoloxía da USC, é analizar lonxitudinalmente os cambios cognitivos, afectivos e funcionais asociados á condición de confinamento en centros residenciais. Aqueles centros residenciais membros de AGASEDE que poidan estar interesados en participar en esta investigación poden poñerse en contacto con nosoutros a través de info@agasede.es