O martes 31 de outubro a Xunta Directiva de AGASEDE desprazouse ata Santiago de Compostela para reunirse con Mercedes Dolores Cardelle Espasandín (Subdirectora Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais) e Berta Besada Porto (Xefa do Servizo de Inspección de Maiores da Xunta de Galicia). Este encontro permitiu establecer un canal de comunicación coa inspección para trasladar os problemas cos que se atopa o sector na actualidade, onde se destaca a dificultade de captación e retención de profesionais de enfermería, debido á escaseza dos mesmos e á tardanza na homologación dos títulos dos profesionais estranxeiros.
Ademáis dende AGASEDE pediuse unha maior colaboración en materia de asesoramento por parte de inspección, polo que acordaron que se realizaría o envío do documento do curso de aplicación da normativa de inspección a todos os centros do RUEPSS e que se axilizarían os trámites de modificación de RRI e similares. Así como, afirmaron que estudarían a posibilidade de participar nunha xornada de AGASEDE, có obxectivo de orientar aos centros asociados de cara ás medidas de contención e suxección e os principales problemas de sanción de inspección.