As III Xornadas AGASEDE celebráronse o pasado 8 de marzo en Santiago de Compostela, levando por título “O Avance ata centros libres de suxeicións físicas e químicas”.
Este evento dou comezo coas palabras de D. Carlos Dosil Díaz, presidente da asociación. Posteriormente, o Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta de Galicia, D. Antón Acevedo, explicou a política que está desenvolvendo a administración en materia de centros libres de suxeicións. A charla inaugural contou coa presencia de D. Óscar Neira, Vicepresidente de AGASEDE quen presentou ao experto D. Josep de Martí Vallés, o cal realizou unha análise do contexto histórico sobre o uso das contencións e como debemos traballar xuntos para conseguir a súa eliminación nas residencias.
A primeira mesa de debate “Diferentes dimensións das medidas de contención” contou co coñecemento do director de investigación da Fundación María Wolff, D. Ruben Muñiz Schwochert. A dimensión xurídica, por parte do fiscal civil de Pontevedra, D. Santiago Miguel Cruces; e a dimensión psicolóxica de Dña. Gema Pérez Rojo, catedrática de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, da Universidade San Pablo CEU. Neste foro abriuse o debate sobre como unha mesma medida, podía considerarse contención ou non, en función do uso que se lle estivese dando e como debería primar a autonomía das persoas e o seu libre movemento por enriba da “tranquilidade” das mesmas.
A segunda mesa “Experiencias en centros libres de suxeicións” contou coa presencia de D. Angel de Oro Pról, coordinador do programa Desatar de CEOMA (Confederación Española de Organizacións de Maiores); Dña. Ana Maroño, directora da Residencia El Pilar; Dña. Carmen Banda, directora de Sanitas A Coruña; e D. Josep de Martí Valles. Nesta mesa falouse sobre as dificultades que conleva o cambio, pero tamén dos marabillosos beneficios que teñen para os usuarios.