Este martes a Xunta Directiva de AGASEDE desprazouse ata Santiago de Compostela para reunirse cos sindicatos (CIG, UGT e CCOO). Este encontro permitiu establecer un canal de comunicación e dar a coñecer a Asociación aos diferentes axentes sociais da parte sindical, de maneira que, se están levando a cabo todos os trámites pertinentes para intentar que AGASEDE forme parte da mesa de negociación do “VI Convenio colectivo do sector de residencias privadas de persoas de idade de Galicia”.