Habilitación Profesional do Personal Auxiliar

18 Dec 2023

¿Que ocorre o 31 de Decembro coa Capacitación/Habilitación profesional do Personal Auxiliar?

A partir de Xaneiro de 2024, “todas as persoas, sen excepción, que traballen en España como xerocultores/as ou como auxiliares de axuda a domicilio, deben contar co título oficial que as recoñeza como tales”, é dicir, que “o 1 de xaneiro xa non se poderán habilitar máis profesionais a menos que se amplíen os prazos para facelo”. Isto dá lugar a que no 2024 as empresas non poidan contratar sen titulación específica ou a acreditación de competencias necesaria, xa que, todos os profesionais auxiliares e xerocultores que traballen no sector teñen que contar con algunha das seguintes opcións:

  • Habilitación Profesional.
  • Certificado de Profesionalidade.
  • Formación Profesional.

Polo tanto, todos aqueles traballadores que estean contratados actualmente, pero non teñan títulos oficiais deberán deixar de traballar nas empresas de cara ao ano que ven.

A Habilitación Profesional Excepcional pode solicitarse cando se poida acreditar unha experiencia laboral como auxiliar de atención a persoas en situación de dependencia de 3 anos con un mínimo de 2.000 horas traballadas na ocupación profesional correspondente durante os últimos 12 anos de traballo, ou se non contan con esa experiencia mínima, que traballaran e dispoñan dun mínimo de 300 horas de formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.

A Habilitación Profesional Provisional é para aqueles que non cumpran os anteriores requisitos, pero poidan acreditar unha experiencia laboral como auxiliar de atención ás persoas en situación de dependencia, lograda antes da data de presentación da solicitude. Esta habilitación está suxeita ao compromiso, mediante unha declaración responsable, de participar nos procesos de avaliación e acreditación de competencias profesionais adquiridas mediante a experiencia laboral ou por vías non formais de formación que se convoquen, ou de facer a formación vinculada aos certificados de profesionalidade ou títulos de formación profesional correspondentes que se iniciasen antes do 31 de decembro de 2023.

Dentro dos Certificados Profesionais vinculantes encóntranse os seguintes:

    • 06: SAN669_2 – Coidados auxiliares sanitarios.
    • 04: SSC089_2 – Atención Sociosanitaria a persoas en situación de dependencia e/ou con discapacidade no domicilio.
    • 05: SSC320_2 – Atención Sociosanitaria a persoas en situación de dependencia e/ou con discapacidade en institucións sociais.

A Formación Profesional correspondente é a seguinte:

    • CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría.
    • CMSSC01 Atención a persoas en situación de dependencia.

 

Abril 2024
M T W T F S S
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930