Obligatoriedad DEA

15 Xan 2024

En Outubro de 2022 a Xunta de Galicia publicou un Decreto no que se aprobou o catálogo de actividades que debían adoptar medidas de autoprotección en diferentes ubicacións, como os establecementos de uso residencial público: aqueles nos que se desenvolven actividades de residencia ou centros de día destinados a persoas ancianas, con discapacidade física, sensorial, intelectual ou con enfermidade mental, ou aqueles nos que hablitualmente haxa usuarios que non poden realizar unha evacuación polos seus propios medios.

Así como, calquera outro establecemento de uso residencial público, sempre que dispoña dunha altura de evacuación (diferencia de cota entre o nivel de orixe de evacuación e o do espacio exterior seguro) igual ou superior a 28 metros e dunha ocupación igual ou superior ás 1.000 persoas, ou ben, que sen chegar a estes umbrais, se encontre nunha zona de intervención de accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas.

Este decreto afirma que as persoas titulares das actividades de uso residencial público deberan cumprir unha serie de Obrigas de Autoprotección, entre as cales destacan as seguintes:

  •  Elaborar o Plan de Autoprotección (PAU) correspondente á sua actividade, de acordo co contido mínimo e os criterios definidos; presentalo, para que lle otorguen o permiso de inicio da actividade; e desenvolver as actuacións para a implantación e o mantemento da súa eficacia.
  • Informar e formar ás persoas ao seu servizo sobre os contidos do PAU.
  • Dispoñer dos medios mínimos de autoprotección, é dicir, é obligatoria a instalación dun DEA (Desfibrilador Externo Automatizado) e contar con persoal formado en Soporte Vital básico, de maneira que, existan 2 primeiros interventores formados en ASI (Asistencia Sanitaria Inmediata) e DEA.

Todas estas medidas de Autoprotección entraron en vigor o 20 de abril de 2023, polo que, xa deberían estar totalmente executadas no 2024.

Para máis información, consultese o Diario Oficial de Galicia.

Abril 2024
M T W T F S S
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930